5.5 C
Santa Comba
martes, abril 9, 2024

Balance moi positivo do punto de información sobre a Seguridade Social de Santa Comba

Nota de prensa do concello de Santa Comba

Importante demanda no punto de información sobre a Seguridade Social de Santa Comba

O novo Punto de Información sobre a Seguridade Social do concello de Santa Comba cumpriu seis meses prestando o seu servizo na Casa da Cultura xalleira, e cun balance moi positivo.

A importante resposta veciñal, con máis de trinta usuarios durante cada xornada de atención, avala a importancia deste punto, atendido por dúas empregadas públicas municipais, tódolos luns de 9 a 14h.As persoas que se achegan a este servizo, son na súa grande maioría veciños do concello de Santa Comba, ainda que tamén se reciben visitas doutros municipios. 

A información e as xestións que solicitan son variadas, desde unha solicitude de pensión de xubilación ou ingreso mínimo vital, ata un cambio de conta, informes de vida laboral, ou prestación de maternidade. O punto de información conta co asesoramento e respaldo da dirección provincial do I.N.S.S.

O alcalde de Santa Comba, David Barbeira, valorou a demanda existente:”Había unha inquedanza pola perda dun servizo, e desde o concello fixemos un esforzo para crear este punto, e polo tanto a valoración é moi positiva e a satisfacción máxima”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos