10.3 C
Santa Comba
domingo, marzo 26, 2023

Denuncian que o parque eólico Salgueiras é ilegal

Foto-arquivo

A plataforma pola defensa do monte ”As Salgueiras” non ten dúbidas acerca da ilegalidade do proxecto eólico que impulsa Norvento  nesta zona do concello de Ponteceso.

E inciden en dúas cuestións que consideran claves. A afección ao espazo de interese paisaxístico dos “Cantís do Canteiro”, protexido no Plan de Ordenación do Litoral(P.OL.), e porque se tivo que realizar unha avaliación de impacto xa que a o monte linda coa Rede Natura.

Entrevista a Carlos Penedo a partir do minuto 29

Desde a Plataforma e en declaracións ao programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas, Carlos Penedo, criticou á Xunta de Galicia xa que “non responderon as alegacións” presentadas polos afectados:”Se aplican a normativa actual non hai cabida para o parque eólico, pero non queren”.

Críticas á Xunta e ao concello de Ponteceso

Ademais lamentou a “estratexia vil e de mal gusto” do goberno galego de publicar  a declaración de impacto ambiental “durante a pandemia” limitando os movementos veciñais.

Penedo tamén tivo críticas para o alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido:”O alcalde de Ponteceso é un alcalde pro empresas eólicas e non mira por nada”.

Aínda que o proxecto deste parque “xa está en fase de resolución”, desde a plataforma teñen esperanzas en frear o seu desenvolvemento. Están en contacto coa asesoría xurídica da asociación Petón do Lobo, que lles presta axuda.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos