23.7 C
Santa Comba
martes, junio 6, 2023

Critican o avance da execución da estrada de Touriñán

O Partido Popular de Muxía considera “lamentable” que a estrada de acceso a Faro Touriñán, que está sen rematar “xa teña baches no seu inicio e as cunetas se estean a desfacer”.

A portavoz popular, Sandra Vilela, vén de solicitarlle ó alcalde, Iago Toba,  unha xuntanza dos portavoces municipais para buscar solución sobre o problema que xurde na execución desta obra.

“Xa cando vimos como se comenzaba a obra nos dimos conta de que esa non era unha obra de futuro como esperábamos, pero resulta que non dura nin o tempo de execución” afirma Vilela.

Esixir unha execución correcta á Autoridade Portuaria

Os populares consideran que se debe tomar medidas ó respecto e esixirlle á Autoridade Portuaria que faga unha execución correcta da obra “porque se non é así seguimos tendo o problema que xa tiñamos que é un vial en malas condicións. Ademáis, un vial fundamental para o concello dende o punto de vista turísitico e, por suposto, tamén polo número de poboación local que fai uso de ela a diario”.

Aclaran que a estrada pasará a ser municipal, froito do convenio asinado coa Autoridade Portuaria, polo que “non podemos porlle esa hipoteca enriba ó noso concello e recibir unha carretera que xa tería que repararse dentro dun ano”.

Sandra Vilela lémbralle ao alcalde, que “está aquí para defender os intereses municipais e veciñais e, aínda que a execución sexa responsabilidade da autoridad portuaria, non está a defender a Muxía”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,843SeguidoresSeguir
1,130SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos