9.7 C
Santa Comba
martes, marzo 28, 2023

“Estamos diante dun goberno do PP en estado puro. Hai que pedir a información case suplicando”

O secretario xeral e portavoz dos socialistas no concello de Coristanco critica a “inactividade” e a falta de información do executivo local:“Estamos diante dun goberno do PP en estado puro. Hai que pedir a información case suplicando. Case todo o que se fixo foi por que o propuxo a oposición” afirma.

Para José Manuel Pérez Abelenda unha das características do goberno de Juan García e a “moita publicidade e o marketing”. Sobre un distanciamento do goberno con respecto ao inicio da lexislatura negou que fora así:”O PSOE traballa por Coristanco. Hai veces que se coincide cuns grupos e outras con outros”.

Sobre o Polígono:”Todo isto xa o vivimos”

Percibe un entendemento más difícil con Contigo Somos Democracia de Abraham Gerpe:”Non se pode facer oposición á oposición”.

Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas tamén se referiu aos anuncios feitos con respecto ao futuro Polígono industrial da Miñata:”O Partido Popular empezou a falar do Polígono no ano 1999. De momento o que hai son consultas. Todo isto xa o vivimos. Espero que a Xunta o poña nos orzamentos”.

Entrevista a Pérez Abelenda- Desde o minuto 68

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos