2.4 C
Santa Comba
viernes, diciembre 13, 2024

A confraría de Camariñas explica as obras no espigón

A Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego criticou unhas obras de mellora no porto de Camariñas de próxima execución que poderían estragar o pavimento actual, pero desde a confraría de pescadores de Camariñas responden que a mellora prevista non vai afectar ao mesmo. As obras afectan ao dique vello, unha obra aprobada no 1931 a instancias do deputado Benito Blanco Rajoy e que se iniciou un ano despois coa segunda república.

Contactos do patrón maior de Camariñas, Ramón Lema

Desde a confraría indicaron que «Tras as publicacións nas redes sociais de información falsa sobre a futura obra que se vai a cometer nunha zona do peirao da nosa Cofradía, temos a obligación de trasladar a seguinte información: «O patrón maior, Ramón Lema, puxose en contacto coa Presidenta de Portos hai escasos minutos, a cal trasladou a información pertinente sobre as obras que se van a acometer na zona do espigón nas próximas semanas».

Tras esta xestión, confirmaron que as obras consisten «na reparación dos desniveis existentes na zona, por motivos de seguridade, procedendo ao levantamento dos adoquíns existentes, nivelación da zona e recolocación dos adoquíns de novo».

«Polo tanto, pedimos que, por favor, deixen de dar falsas informacións respecto a este tema» denuncian desde o pósito e informan que «Portos de Galicia acordou que os usuarios que teñan alí enseres e demáis material, teñen varios días a maiores dos cedidos na notificación para a sua retirada, pois a situación epidemiolóxica no Concello de Camariñas non é a máis favorable nestes momentos».

Foto- asociación para a defensa do Patrimonio Cultural-Facebook

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos