“É un brinde ao sol. Nos orzamentos da Xunta para Coristanco hai 30.000 euros e son para unhas depuradoras. Mentras non haxa partida nos orzamentos da Xunta, son promesas políticas e estamos cheos delas”.
Sen medias tintas, o portavoz de Terra Galega, Amancio Lavandeira, pensa que “chove sobre mollado” nos anuncios da alcaldía sobre o futuro Polígono industrial da Miñata.
Opina que desde o PP “están mareando e entretendo aos empresarios pero teñen que deixar de enganar á xente”. Non aforra reproches para o mandatario García Pose:”De todas as promesas que fixo case todas brillan pola súa ausencia”.
Falta de “capacidade de decisión e iniciativa” do alcalde de Coristanco
Entende que lle falta “capacidade de decisión e iniciativa” e pon como exemplo o último pleno onde se aprobou por unanimidade a proposta da oposición de destinar o remanente de tesorería para completar as obras seleccionadas no POS.
“A sorpresa foi maiúscula porque o remanente do 2019 non se pode aplicar. O alcalde poido actuar con máis dilixencia, pero interésalle máis o diñeiro acumulado nas contas bancarias que invertilo en obras e servizos para os veciños de Coristanco” declarou Lavandeira.
O portavoz de Terra Galega explicou que finalmente optouse por aprobar un compromiso para destinar o remanente de 2020 con esa finalidade.
“Coristanco é diferente. É un dos únicos concellos onde a oposición está marcando as obras que vai a haber. Non se dá en ningún concello da zona. O alcalde vai a remolque das propostas da oposición”.