A concellería de cultura de Fisterra fixo pública a decisión de suspender “todas as actividades do Entroido debido á situación sanitaria na que nos atopamos. A evolución da Covid-19 obríganos a anunciar o inevitable, a cancelación da programación oficial do Entroido 2021”.
Desde o concello informan que se trata “dunha decisión tomada con responsabilidade institucional e informamos que xa se traballa nun programa de actos alternativos co que lembrar a memoria histórica do Entroido fisterrán”.
Iso sí, aclaran que “non haberá, en ningún caso, actos multitudinarios coa fin de evitar as aglomeracións en instalacións e nas rúas”.Desde o concello de Fisterra lembran a necesidade de extremar precaucións e “non baixar a garda” na actual situación.