9.5 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Mónica Rodríguez sobre os café bar cantante:“As queixas que nos traslada a veciñanza son moi preocupantes”

O Concello reforza a vixilancia nos café bar cantante ante as denuncias da veciñanza  

O Concello de Vimianzo toma medidas ante a preocupante situación, que está a converterse nun problema de saúde pública, na contorna de diversos café bar, e envía un escrito á Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade para amosar a colaboración, cooperación ou asistencia precisas para poñer freo a estas circunstancias. 

A veciñanza do municipio trasladou queixas ao Consistorio sobre a situación nestes bares, sitos nas parroquias de Vimianzo e Castrelo, ante a crise sanitaria, non levándose neles as medidas de prevención necesarias. 

O equipo de goberno local reuniuse en varias ocasións nesta semana coa subdelegada do Goberno na provincia, Pilar López-Riobóo, e co coronel Francisco Javier Jambrina,  xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña, para analizar as actuacións necesarias. O Concello xa está tomando medidas ao respecto. Ao longo destes días a Garda Civil está a facer controis na zona e xa hai varias denuncias rexistradas. Tamén se suma á vixilancia continua a Policía Local.

“As queixas que nos traslada a veciñanza son moi preocupantes, por iso desde o Concello estamos a tomar todas as medidas que están nas nosas mans para vixiar estes lugares” indica a alcaldesa do municipio, Mónica Rodríguez. A rexedora indica que tamén se enviou un escrito á Secretaría Territorial da Consellería de Sanidade para a toma das accións oportunas ao tratarse dun problema de saúde pública. No escrito o Concello amosa a súa colaboración, cooperación ou asistencia que sexa precisa para adoptar as medidas precisas con respecto á situación. 

Fonte – Nota de prensa do concello de Vimianzo

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos