13.2 C
Santa Comba
domingo, marzo 26, 2023

Varias incidencias na Costa da Morte esta fin de semana

Este domingo, os efectivos do parque de bombeiros da Costa da Morte, tiveron que retirar unha árbore que estaba tirada sobre o tendido eléctrico no lugar de Brens, no concello de Cee. Tamén interviron axentes da Policía Local de Cee.

Esta fin de semana, os bombeiros foron requeridos para retirar un poste eléctrico, que presentaba risco de de caer sobre a estrada no lugar de As Teixoeiras, Concello de Dumbría. E tamén, xunto con axentes da Garda Civil e membros de Protección Civil de Fisterra, os bombeiros acodiron a un incendio urbano no lugar de Castromiñán, en Fisterra. Ventilaron a casa, xa que efectivos da Benemérita extinguiran o lume con extintor.

E o sábado pola noite, os servizos de emerxencias, neste caso de Bergantiños, tiveron unha alerta por outro incendio, neste caso, en Coristanco. Os motivos,  unha cheminea que ardía no interior dunha vivenda da parroquia de Oca. Tampouco neste caso houbo que lamentar nin vítimas nin máis danos que os restos que se acumulan dentro da cheminea.

Fotos-Bombeiros Costa da Morte

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos