6.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

En marcha o obradoiro de emprego Máis 2020

O obradoiro de emprego «Máis 2020», no que participan os concellos da Baña, Negreira, Santa Comba e Val do Dubra, xa está en funcionamento.

Nesta iniciativa, financiada pola Xunta cunha achega de 346.946 euros, estanse formando vinte persoas desempregadas destes catro concellos, nas modalidades de pintura decorativa en construción (8 persoas) e en limpeza en espazos abertos e instalacións industriais (12). Serán nove meses de formación e prácticas.O alumnado recibirá o salario mínimo interprofesional, máis a parte proporcional das pagas extras.

Valoración dos alcaldes 

“Esta é unha iniciativa beneficiosa para ambas partes. Para vós, como alumnado, que vos poderes formar nestas especialidades para incorporarvos ao mercado laboral, e tamén para os concellos, porque as obras van quedar ai.Tendes un profesorado que son grandes profesionais, dos que poderedes aprender moito” dixo o alcalde da Baña, José Antonio Pereira.

O de Negreira, Ángel Leis, pediulles “tranquilidade e paciencia, e cumprir as normas sanitarias” durante este período de formación. “O obradoiro supón unha boa oportunidade laboral, porque ides recibir un certificado de profesionalidade”, recordoulles o rexedor de Val do Dubra, José Manuel Varela. O alcalde de Santa Comba, David Barbeira, recalcou que este obradoiro “supón unha oportunidade para volver integrarse na sociedade e no mercado laboral, sobre todo para aquelas persoas que levan tempo no paro”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos