6.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Gonzalo Trenor comprobou en Mazaricos as actuacións do fondo de compensación ambiental

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou o concello de Mazaricos para comprobar “as diferentes actuacións levadas a cabo no concello de Mazaricos ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental.  Estivo acompañado polo alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, e polo portavoz municipal do PP, Sergio Noya.

Segundo explicaron desde a Xunta e a través deste programa o goberno galego investiu neste concello máis de 197.000 euros para a subministración de soportes para contedores de recollida de RSU, para a construción dunha caseta prefabricada de madeira para aula da natureza, na mellora da eficiencia enerxética do recinto feiral polivalente e en actuacións de roza mecanizada e limpeza de estradas, pistas e camiños rurais.

Canon eólico

“Estas axudas son posibles grazas á aprobación, en 2009 da lei, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental xa que antes os concellos non percibían nada polos muíños de produción de enerxía eléctrica instalados no seu territorio” manifestou Gonzalo Trenor.

Durante a visita o delegado da Xunta na Coruña informou que a través da orde do Fondo de Compensación Ambiental repartíronse  máis de 658.000 euros en 13 proxectos na comarca do Barbanza nos municipios de Boiro, Carnota, Lousame, mancomunidade de concellos de Serra do Barbanza, Mazaricos, Muros, Outes, Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Ribeira e Rianxo. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos