Membros da plataforma veciñal BerXallas fixeron unha ruta de senderismo pola contorna de Mina de Varilongo, no concello de Santa Comba.
Segundo fontes da plataforma quixeron visibilizar e “denunciar o matrato que recibirán as nosas terras e a contaminación que sufrirán coa minaría a ceo aberto”.
Nesta camiñata detectaron a presencia de bolsas de explostivos espalladas pola zona, como o explica neste vídeo o portavoz da plataforma e coñecido activista social, Xosé Abelenda.