9.2 C
Santa Comba
jueves, enero 23, 2025

Percorrido dos Reis Magos e concurso de escaparates no concello da Laracha

Portada-Escaparate Cultiagro Seragra

Os Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar,  percorrerán as trece parroquias do Concello da Laracha na cabalgata de dous días que se vai realizar durante as xornadas do luns 4 e o martes 5 de xaneiro. 

As especiais circunstancias deste ano obrigan a modificar o evento e impiden que os Reis Magos poidan lanzar caramelos, baixarse das carrozas e interactuar cos asistentes como era tradición. Tampouco poderá levarse a cabo a festa infantil no pavillón do IES. Sen embargo, os nenos si poderán saudalos a pé de rúa nos principais núcleos de poboación de cada parroquia. O percorrido previsto é o seguinte.

Luns 4 de xaneiro

MAÑÁ

11:00 h: Saída.

A Telleira, urbanización Monte Claro, O Cancelo.

11:30 h: Igrexario de Cabovilaño.

Xeriz, Cardois, A Braña, O Regado, Arén, Os Mouriños, A Lagarteira, A Braña Grande, Proame, A Fontaíña.

12:30 h: Igrexario de Lemaio.

A Teixoeira, Nogán, urbanización O Pereiro, As Calzadas, Bos Aires, O Formigueiro, A Ribela, Marfulo, Os Meáns, Amboade, A Areosa.

13:30 h: Igrexario de Vilaño.

TARDE

15:30 h: Saída

Estramil, Escurido, O Retorno.

15:45 h: O Cruceiro de Lendo.

A Fontenla, O Campo de Bragunde, O Campo da Porta, A Torre, A Xesteira, O Campo da Costa, Goxán, A Pedreira.

17:00 h: Caión (praza Eduardo Vila Fano e percorrido polas principais rúas).

Xermaña, A Barreira, A Cachada, Lestón.

18:00 h: Paiosaco (campo da feira e percorrido polas principais rúas).

18:30 h: A Laracha (percorrido polas principais rúas).

Martes 5 de xaneiro

MAÑÁ

11:00 h: Saída

Avenida López Astray (A Laracha), Gabenlle, Os Muíños de Abaixo, Merelle, O Cruceiro de Coiro.

11:30 h: Igrexa de Coiro.

A Ferrulleira, Novas.

12:00 h: Igrexario de Soutullo.

A Xesta, O Seixoso, O Vilar, San Pantaión, As Orxeiras, Golmar do Medio.

12:30 h: Igrexario de Golmar.

A Beria, O Ramallal, San Cristovo, As Cerqueiras, O Viso, Goexe, O Sopé, Propeste.

13:30 h: Santa Margarida (Montemaior).

TARDE

15:30 h: Saída de Santa Margarida (Montemaior).

As Cernadas, A Pena, A Baiuca, Cumiáns, O Raño.

16:00 h: Igrexario de Montemaior.

A Ferreira, Trixezo, A Brea, Saldante.

17:00 h: Mosteiro de Soandres.

A Fraga, Villamir, O Campo da Ran, O Toural.

17:45 h: Igrexario de Erboedo.

A Medoña, Paiosaco, A Porta Santa, Fofelle, As Torres de Cillobre.

18:30 h: A Laracha (percorrido polas principais rúas).

Escaparate Agrícola Castiñeira

AGRÍCOLA CASTIÑEIRA E CULTIAGRO-SERAGRA, PRIMEIROS PREMIOS DOS CONCURSOS DE ESCAPARATES

No certame repártense en total 1.800 euros entre todos os participantes.

.A 25ª edición do concurso de escaparates de Nadal convocado polo Concello da Laracha xa ten gañadores. 

Do mesmo xeito que no ano pasado, nesta edición houbo dúas modalidades do concurso: a tradicional cos galardóns outorgados polo xurado e tamén o realizado na páxina de Facebook do Concello da Laracha. 

Así, os premiados en base ás valoracións do xurado –formado por representantes municipais e Concha Iglesias, presidenta da Asociación de Comercio, Servizos e Industria da Laracha (ACSIL)- foron:

1º premio (500 euros): Agrícola Castiñeira (Avenida López Astray, 74. A Laracha).

2º premio (400 euros): Panadería Ramiro (Avenida López Astray, 7. A Laracha).

3º premio (300 euros): Floristería Churima (Avenida Fisterra, 111. A Laracha)

4º premio (200 euros): Clínica Veterinaria Xarope (Rúa Santa Lucía, 42. A Laracha).

5º premio (100 euros): O Casillero Materiales de Construcción (A Braña Grande, Cabovilaño).

No concurso de Facebook –que se abriu na tarde do 23 de decembro e pechouse hoxe ás 12:00 horas- houbo unhas 1.200 reaccións dos usuarios no álbum coas fotos de todos os participantes. As tres que obtiveron un maior número de votos positivos e, por tanto, resultaron premiados son:

1º premio (150 euros): Cultiagro-Seragra (Avenida Fisterra, 111. A Laracha), con 200 votos.

2º premio (100 euros): Agrícola Castiñeira (Avenida López Astray, 74. A Laracha), con 178 votos.

3º premio (50 euros): O Casillero Materiales de Construcción (A Braña Grande, Cabovilaño), con 145 votos.

Como cada ano o Concello da Laracha convocou este concurso cos obxectivos de apoiar economicamente e estimular ás empresas e comerciantes do municipio para decorar os escaparates con motivos propios das datas do Nadal e que iso tamén sexa un aliciente para que os cidadáns aposten polo comercio local para facer as súas compras durante as festas. Nesta edición, na que o concurso cumpriu un cuarto de século, repártense un total de 1.800 euros en premios entre todos os galardoados.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos