Santa Comba e Mazaricos suman novos casos de persoas afectadas polo coronavirus. O caso máis chamativo, con respecto a onte é o de Vimianzo que incrementou a cifra en 18 casos nun día. Na Residencia de Maiores hai 13 casos detectados.
Con respecto a Santa Comba, o alcalde David Barbeira informaba que hai en total 83 casos. Tamén daba conta dos resultados do cribado masivo. No sector da hostalaría houbo un 86% de asistencia con 3 casos positivos. No cribado xeral, un 62% de asistencia e 6 casos detectados. En Fisterra manténse a maior incidencia da zona.
Estes son os datos de hoxe
Novos casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días.Entre paréntese os contabilizados ponte pola Xunta.
Santa Comba-82 (80)
Mazaricos – 45 (44)
A Laracha- Entre 1 a 9 (1 a 9)
Carballo- 16(13)
Coristanco – Entre 1 a 9 (1 a 9)
Cabana – 14 (14)
Malpica –Entre 1 a 9 (1 a 9)
Ponteceso – 1 a 9 (Entre 1 a 9)
Laxe-Entre 1 e 9 (Entre 1 a 9)
Vimianzo-49(31)
Camariñas – 14(22)
Zas- 20(21)
Dumbría-Entre 1 e 9 (Entre 1 e 9)
Muxía- Entre 1 a 9 (1-9)
Cee-Entre 1 a 9(1 a 9 )
Corcubión- 1 a 9 (1 a 9)
Fisterra-71 (71)