9.1 C
Santa Comba
miércoles, diciembre 7, 2022

López Varela: “Son os mellores presupostos que se poden presentar. As persoas están no centro da política municipal”

O Concello da Laracha terá un orzamento de 8.305.000 euros en 2021, o que supón un incremento de 70.000 euros con respecto ao anterior. Así foi aprobado hoxe polo Pleno cos votos a favor do grupo do goberno (Partido Popular) e o posicionamento en contra dos edís dos grupos socialista e nacionalista.

O alcalde, José Manuel López Varela, agradeceu o labor “dos servizos económicos municipais, especialmente do departamento de intervención, que posibilitou traer os orzamentos ao Pleno antes de final de ano e que A Laracha sexa un dos primeiros Concellos da provincia en aprobalos”.

O rexedor municipal apuntou que neste exercicio, pola situación epidemiolóxica actual, “temos que ir con moitísima prudencia nos ingresos”, baseados no realmente recadado para o caso dos impostos e nos compromisos de ingresos que existen doutras administracións. Neste sentido incidiu en que “a política tributaria seguirá sendo a de conxelación das taxas e o mantemento dos impostos municipais nos tipos mínimos que permite a lexislación” co obxecto de non aumentar a presión fiscal á veciñanza.

López Varela afirma que os orzamentos mostran que “as persoas están no centro da política municipal”, tanto polo anteriormente exposto como pola cobertura social, xa que a cuarta parte, máis de dous millóns de euros, están consignados para políticas sociais e a promoción do emprego. Tamén se manterán as convocatorias de subvencións para estudantes, tanto as axudas á escolarización como para a adquisición de material informático, ás que o Concello destina un total de 75.000 euros.
O rexedor apuntou que “a evolución da pandemia as súas consecuencias é o que máis nos preocupa”. Por iso lembrou que no exercicio actual 405.000 euros foron destinados ao apoio económico directo ao tecido empresarial.

O alcalde considera que “estes son os mellores orzamentos que se poden presentar nestes momentos”, nos que se garante a atención das necesidades do Concello tanto na prestación de todos os servizos de competencia municipal (principalmente, axuda no fogar, recollida de lixo, iluminación, ciclo da auga, limpezas de instalacións públicas e mantemento da rede viaria) e o mantemento en bo estado das infraestruturas como nas retribucións do persoal laboral e funcionariado. Este último capítulo presenta un lixeiro aumento debido ao incremento das retribucións previsto no proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2021 e tamén pola incorporación desde principios de ano de persoal interino para o desenvolvemento de proxectos vinculados ás medidas derivadas da loita contra a pandemia.

O capítulo de investimentos reais en infraestruturas alcanza os 863.000 euros, sendo as actuacións máis importantes a creación dunha pista de skate na parte posterior do IES Agra de Leborís ante “o aumento das persoas que practican esta modalidade deportiva, especialmente entre a xuventude” e a mellora da rede viaria, actuacións que o rexedor considera que “tamén son investir no pobo e na calidade de vida da cidadanía”. 

López Varela insistiu en que “os orzamentos son un documento vivo e aberto a modificacións”. Por iso agarda que “aumenten ao longo do ano tanto por transferencias doutras administracións como pola incorporación de remanentes”, o que permitiría incrementar as cifras e realizar máis programas sociais, poñer en marcha novos servizos e acometer actuacións de investimento. Por iso lembrou que “o pasado ano aprobamos uns orzamentos de algo máis de oito millóns de euros e, tralas variacións aplicadas, pecharase en máis de dezaseis millóns”.

O alcalde tamén se referiu ao apoio económico ás entidades culturais e deportivas previsto nas contas e ao mantemento das subvencións nominativas á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, á Asociación de Comercio ACSIL e á Confraría de Pescadores de Caión, neste caso para cooperar cos gastos do mantemento do museo do Arquivo da Pesca.
Por último, López Varela adiantou que o Concello vén de aprobar o expediente de expropiación dos terreos que albergan a carballeira de San Fins (Montemaior) e que nos próximos días está previsto aprobar o relativo ás parcelas nas que se sitúa o menhir de Erboedo. Tamén apuntou que nos orzamentos está consignada unha partida económica para servizos arqueolóxicos sobre a posta en valor do Castro de Montes Claros.

Convenio coa Xunta e a Fegamp

O Pleno aprobou por unanimidade a adhesión do Concello ao convenio coa Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a tramitación dos procedementos sancionadores relacionados co coronavirus cando os incumprimentos das medidas de prevención se detecten en ámbitos de competencia municipal.

En virtude dese acordo, o Concello terá acceso á asistencia técnica e material por parte da Xunta de Galicia para unha xestión máis áxil e óptima dos trámites necesarios.Este convenio estará vixente ata o levantamento da declaración da situación de emerxencia sanitaria en Galicia. 

Nota de prensa Concello da Laracha

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,790SeguidoresSeguir
509SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos