O Alcalde de Santa Comba, David Barbeira, entregoulle onte aos directores dos distintos centros educativos do Concello, máis de 1100 lotes de protección para que sexan repartidos ao longo destes días entre o alumnado dos distintos centros.
Este “kit de protección” está composto dun neceser, dúas máscaras de tela reutilizables e catro filtros. Segundo indican fontes municipais as máscaras están “totalmente adaptadas á normativa vixente, son de dobre capa de algodón e admiten ata 90 lavados e o filtro 30”.
En total repartíronse 392 lotes no Barrié de la Maza, 125 no Ntra. Sra. Inmaculada, 76 no Pepe de Xan Baña, 490 no IES Terra de Xallas e 28 nas escolas unitarias. As máscaras foron adaptadas a tres tramos de idade, de 0 a 6 anos, de 6 a 12 anos e os de mais de 12 anos.
Segundo David Barbeira con esta iniciativa preténdese premiar “a nosa poboación infantil que , cun comportamento exemplar e con valentía, soportaron o confinamento”.