Cada asunto coa súa problemática para para o deputado do BNG, Daniel Pérez, o que falta é “vontade política” por parte do goberno galego, que está situado nunha dinámica “de esquecemento que xa empeza a ser crónica”.
Referiuse á ampliación do Polígono industrial de Bértoa e a “inquedanza” que existe nos empresarios e veciños pola necesidade de incrementar o espazo “neste motor económico de Carballo, de boa parte de Bergantiños e incluso da Costa da Morte”.
Entrevista Daniel Pérez (Min 26 min)
Lamentou que a pesar do compromiso expresado pola Xunta e do apoio do PP a proposición parlamentaria “non hai ningunha partida específica nos orzamentos”. Pérez afirma:”Ten que haber unha previsión económuca se non este apoio a nosa iniciativa é un brinde ao sol”.
Situación semellante para a “Circunvalación de Carballo”, que demanda que se axilice:”Hai só 250.000 euros no orzamento o que escasamente chega para o proxecto”. Para o deputado nacionalista “desde o PP non se está poñendo todo o necesario para que sexa unha realidade”.
Camiño dos Faros
Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” tamén se referiu ao “Camiño dos Faros” que suscitou debate no Parlamento. Para Daniel Pérez esta ruta “simplifica o modelo turístico que o BNG defende para Galiza, un turismo que poña en valor os nosos recursos. Este é un produto inmellorable”.
Pediu que “se pelexe dunha maneira clara pola homologación” e que se constitúa a mesa de traballo prevista para “sentarse a falar e desbloquear a situación”.