4.8 C
Santa Comba
martes, abril 9, 2024

O concello da Laracha centra o seu programa de Nadal en eventos culturais para o público infantil

A cabalgata dos Reis Magos será un percorrido por todas as parroquias do municipio os días 4 e 5 de xaneiro.

O Concello presenta o programa de Nadal que, nun ano tan atípico como este, estará centrado principalmente en propostas culturais dirixidas ao público infantil e suprimirá os eventos máis multitudinarios das edicións anteriores. Organízase coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia a través do programa de dinamización lingüística FalaRedes e tamén da Deputación da Coruña.

A programación municipal xa principiou durante esta semana nos centros de ensino co festival de teatro infantil no que participou o alumnado dos tres colexios. Para facilitar o distanciamento social, os espectáculos, a cargo de Talía Teatro, leváronse a cabo nos pavillóns dos CEIPs Otero Pedrayo e Alfredo Brañas. Ademais, Papá Noel estivo ao remate de cada función e obsequiou a cada alumno con dúas máscaras faciais infantís de tea co escudo do Concello gravado (tamén se entregaron ao persoal dos centros e ao alumnado e comunidade educativa do IES Agra de Leborís). 

Tamén para o alumnado dos colexios foron dirixidos os concursos de postais e de contos de Nadal. Hoxe foi a valoración e os premios serán entregados o mércores da próxima semana.

Ademais, no concurso de escaparates, no que se convida a participar a todos os establecementos comerciais con escaparate exterior, o Concello repartirá 1.800 euros en premios.

O certame que non se vai realizar é o tradicional concurso de panxoliñas que cada Nadal enchía a Casa da Cultura de público para presenciar as actuacións das asociacións culturais e coros parroquiais.

Espectáculos en directo e cine

A primeira das obras de teatro que se realizarán irá dirixida ao público xuvenil e adulto (maiores de doce anos de idade). Trátase de Soa, que pon en escena a actriz Rogelia dos Outeiros. Será este domingo (20 de decembro) a partir das 18:00 horas na Casa da Cultura da Laracha.

Os demais eventos serán todos dirixidos ao público infantil, cos seguintes contidos, datas, horarios e lugares de celebración:

22 de decembro. Teatro: Monstros no camiño, de Fantoches Baj. Casa da Cultura da Laracha ás 17:30 h.

28 de decembro. Cine: A galiña Turuleca. Casa da Cultura da Laracha ás 17:30 h.

29 de decembro. Teatro: Cocer e cantar, de Títeres Seisdedos. Casa da Cultura da Laracha ás 12:00 h.

29 de decembro. Teatro: Os romeiros do caracol, de Fantoches Baj. Centro Sociocultural de Paiosaco ás 17:30 h.

30 de decembro. Teatro: Iván e o lobo gris, de Musicreques. Casa da Cultura da Laracha ás 17:30 h.

4 de xaneiro. Cine: Copito de nieve. Centro Sociocultural de Paiosaco ás 17:30 h.

En todos os casos a entrada é de balde ata completar a capacidade máxima da sala e deberanse cumprir todas as medidas de prevención (uso de máscara, hixiene das mans, etc). Debido a que o aforo é moi limitado, en todos os eventos infantís só se permitirá o acceso de nenos sen acompañamento de adultos no interior. 

Cabalgata dos Reis Magos

As especiais circunstancias deste ano obrigan a modificar a tradicional cabalgata, que incluía festa infantil no pavillón do IES Agra de Leborís e concentración dos nenos cos Reis Magos nos tres núcleos urbanos que neste ano non se poderán levar a cabo.

Nesta ocasión realizarase un percorrido por todas as parroquias do municipio os días 4 e 5 de xaneiro. Deste xeito, os nenos poderán ver aos Reis Magos nas súas carrozas polas rúas tanto da zona urbana como dos principais núcleos rurais.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos