Unha muller resultou ferida, de carácter leve, ao sufrir unha saída de vía no vehículo que conducía a altura do punto kilométrico 30 da estrada comarcal 552 á altura de Bértoa-Carballo.
Foi este xoves sobre as 15:45h. O turismo acabou chocando contra o peche dunha nave industrial. A única ocupante do vehículo foi trasladada nunha ambulancia.
Os bombeiros de Carballo retiraron o coche para deixar libre o carril para a circulación. Ata o lugar tamén se desprazaron efectivos da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.