O deputado autonómico, Rubén Lorenzo, foi elexido vicepresidente da comisión de Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes do Parlamento de Galicia, nunha xornada na que falou no espazo radiofónico “Na Encrucillada”.
Entrevista a Rubén Lorenzo- Desde o minuto 20
Homologación do Camiño dos Faros
Lorenzo referiuse ao acordo acadado por unanimidade, ante unha proposta do PSdeG, para pedir á Xunta de Galicia a creación dunha mesa de traballo que busque a homologación do Camiño dos Faros.
“O futuro da ruta pasa pola homologación e temos que aunar esforzos con ese obxectivo” sinalou. Recoñeceu “o traballo desinteresado dos trasnos” que fixo posible que esa ruta “sexa coñecida mundialmente”.
Ampliación Polígono industrial de Bértoa
Os populares (e os socialistas) tamén apoiaron unha proposta do BNG para pedir a ampliación “a maior brevidade posible” do Polígono industrial de Bértoa. Neste asunto, o parlamentario carballés recalcou que “A Xunta xa está traballando nesa ampliación desde fai meses e xa se están redactando os pregos para licitar a ampliación no primeiro trimestre de 2021”.
Explicou que a pesar de que a actuación xa está perfilada apoiaron a proposta do BNG “por responsabilidade”.Amosouse “orgulloso” de que que os tres grupos políticos coincidan nos intereses da Costa da Morte.”Na política estamos para acadar cousas para a zona e mellorar a vida da xente”
Apoio do PP as manifestación contra a Lei Celaá
Rubén Lorenzo expresou o apoio do PP ás mobilizacións previstas para o domingo contra a chamada Lei Celaá (#StopLeyCelaa), e convocadas pola plataforma “Más Plurales”:”“O PP cree plenamente na liberdade de elección dos pais á educación que lle queiran dar aos seus fillos”.Engadiu que “non podemos demonizar a educación concertada que é unha aliada clara da educación pública”.