Segundo informa AXEGA 112 un incendio calcinou unha caseta na que se almacenaban baterías e condensadores no Parque Eólico de Monte Redondo, en Vimianzo.
O 112 Galicia tivo coñecemento do lume ao fío das 22:00 horas da pasada noite, a través da empresa subministradora de electricidade e, a partir aí, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso aos Bombeiros de Cee e de Carballo, á Garda Civil e a Protección Civil de Vimianzo. Ademais, o persoal de Emerxencias 112 Galicia informou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por se fose necesaria a súa intervención.
Texto-Axega 112
Foto- Bombeiros Costa da Morte