A ex concelleira camariñana Carmen Suárez falou no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas sobre a sentenza que avanzou en primicia o diario dixital Adiante Galicia.
Explicou que a pretensión tanto de Estrella Antelo como dela “era que tramitaran o expediente e que se aclare todo o tema”, e que recurriron á vía xudicial ante o silencio negativo do concello de Camariñas.
“É de sentido común. Tiña unha condena e tiña que haber marchado e mantívose no cargo ilegalmente durante quince meses cobrando un soldo” manifestou Suárez ante os comentarios do goberno local recollidos nun xornal:”Para o PSOE prevalece o partido antes cós veciños de Camariñas. Teñen unha dobre vara de medir cando a corrupción está dun lado ou doutro”.
Tamén lle sorprende ao respaldo público que tivo Manuel Valeriano Alonso de León «Pichurri» de altos cargos do PSOE comarcal e autonómico xa que indicou que “é unha persoa condenada por prevaricación”.
Entrevista a Carmen Suárez- Desde minuto 64