Efectivos de Salvamento Marítimo recuperaron o corpo sen vida dun percebeiro de Laxe. O profesional desapareceu esta mesma mañá na zona de Pedra do Boi, nas inmediacións do Faro de Laxe.
Outros percebeiros botaron en falta a este home. Desde a confraría de Laxe alertaron á Axencia Galega de Emerxencias, que mobilizou a efectivos de Salvamento Marítimo, Gardacostas, Garda Civil Policía Local e Portección Civil de Laxe.
FOTO-G24 HORAS


