A fotógrafa xalleira, Isabel Antelo Silvariño, agradeceu desde os micrófonos de Radio Xallas todas as mensaxes e os parabéns que recibiu con motivo do premio “Quijote” de AFOCAM, acadado esta fin de semana.
Explicou que coa fotografía gañadora “Eu sempre serei a túa melodía e ti a miña inspiración eterna” quería homenaxear aos seus avós. De feito o protagonista é Herminio Silvariño tocando o acordeón.
Entrevista a Isabel Silvariño en Radio Xallas- Minuto 32
“Quería inmortalizar como o meu avó lle tocaba cada día o acordeón á miña avoa. E ségueo facendo” comentou Isabel Silvariño. A pesar de que a súa avoa está falecida.“É un recordo para toda a vida e unha homenaxe para todas as persoas que se senten identificadas con situacións especiais” comentou.
Con respecto ao premio dixo sentir “moitísima alegría porque cada ano e máis complicado ser nominada polo nivel que hai”. Nesta gala de Afocam xunto co primeiro premio na categoría de retrato tamén obtivo unha nominación noutro apartado.