O presidente da agrupación local de Protección Civil de Ponteceso explicou a situación que existe nesta entidade de voluntario ao fío do escrito difundido estes días nos medios de comunicación.
Non dubida que pola presenza de varios concelleiros que critican a xestión municipal, o alcalde Lois García “quere mezclar todo, e pensa que estes como están contra miña, entón Protección Civil hai que eliminala, e eu pídolle que recapacite porque os que pagan isto son os veciños” manifestou Modesto Parga.
Entrevista a Modesto Parga-Desde minuto 70
Falou da decisión de retirada de vehículos e de “tomar a decisión de retirar un servizo público que se viña prestando, cunhas 5.057 horas de servizo prestado aos veciños”. Puxo como exemplo a “crise da auga de Corme” ou as desinfeccións de espazos públicos e o reparto de medicamentos e comida ás familias afectadas pola pandemia.
«Estamos esperando unha resposta»
“Estamos esperando unha resposta” aclarou Parga, en relación a un escrito presentado fai un mes para pedirlle explicacións ao mandatario sobre a situación xerada. Lamentou que os medios de Protección Civil se están usando para teatro ou convocatoria de probas, cando deberían estar para atender accidentes e urxencias:”Protección Civil ten que estar ao servizo do pobo e non o servizo do alcalde”.
Modesto Parga criticou o talante personalista de Carballido e declarou que “xa había unha Protección Civil e xa a desfixo o alcalde. E a min enganoume. E está intentando desfacela outra vez. Se queres estara ben, tes que arrodillarte diante do alcalde de bicarlle os pés”.
A xunta directiva de Protección Civil de Ponteceso deu conta tamén desta situación de falta de medios e de operatividade diante da Xunta de Galicia.