12.5 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

Concurso de escaparates de Nadal do concello da Laracha

Cada Nadal desde hai un cuarto de século o Concello da Laracha convoca o concurso de escaparates no que convida a participar a todos os establecementos e locais comerciais do termo municipal que dispoñan de escaparate exterior. Nesta 25ª edición do certame repartiranse un total de 1.800 euros en premios entre as dúas modalidades: a valoración do xurado e o concurso que se realizará en Facebook.

Aqueles establecementos e locais comerciais que desexen participar deben inscribirse como data límite o venres 18 de decembro e manter o escaparate visible, adornado e sen modificalo ata o día 6 de xaneiro. Ademais, deberán achegar unha fotografía para poder participar no concurso de Facebook.

CONSULTA AQUÍ AS BASES

A valoración do xurado –formado por membros nomeados polo Concello e pola Asociación de Comercio, Servizos e Industria da Laracha (ACSIL)- será o martes día 29 a partir das 18:00 horas. Tendo en conta as diferenzas entre os produtos dos diferentes comercios, valorarase o esforzo realizado en cada traballo seguindo os criterios de creatividade, orixinalidade, iluminación e composición comercial. Os cinco mellor puntuados obterán os premios (500, 400, 300, 200 e 100 euros).

O concurso de Facebook farase por segundo ano consecutivo. Na páxina do Concello da Laracha (https://www.facebook.com/ConcelloALaracha/) subirase o 23 de decembro un álbum coas fotografías de cada participante. As tres que teñan máis “gústame” o martes 30 de decembro ás 12:00 horas serán as premiadas (150, 100 e 50 euros).

Os galardoados en ambos concursos serán anunciados día 30 de decembro.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos