O alcalde de Santa Comba, David Barbeira, participou na presentación do cartel de actividades de Nadal do concello, xunto coa concelleira de cultura e deporte, Cristina Fajín, o presidente da asociación de empresarios, Alberto Romar, a dinamizadora cultural, Maribel Barreiro e a directiva da asociación de empresarios, Inés Castro.
Esta mesma “Ponte da Constitución”, o auditorio do multiusos acolleu dúas funcións teatrais, a de “Muiñada” protagonizada por Galeatro e “Por unha peseta” a cargo de Apatacón. O vindeiro sábado será a quenda de Teatro do Andamio con “Insubmisión”.
Pista de xeo e alumeado
Ese mesmo sábado 12 de decembro, terán lugar dous momentos especiais destas datas. A Inauguración do alumeado de Nadal e a apertura da pista de xeo cuberto no campo da feira.
Está confirmada a visita dos Reis Magos polas parroquias, a Andaina da Familia, a Feira de Reis, o concurso de escaparates de Nadal e tamén os “Rascas” promovidos pola asociación de empresarios local.