Artigo remitido polos cinco concelleiros díscolos de Ponteceso
«Bueno,agora con esta maioría e sin oposición, podemos gobernar como queiramos».Esta foi a mensaxe do alcalde cando empezamos a lexislatura, unha vez mais quedou demostrado que a SOBERBIA,non é boa conselleira e agora,por non xestionar ben cambioulle o conto,e ten que arrastrarse ante a oposición,suplicandolle,implorando,etc.
Por eso esperamos e confiamos en que despois de ver o acontecido nos plenos,ordinario e extraordinario do día 26a historia de esta candidatura e da candidatura anterior co tripartito,a dirección do PSG-PSOE, por medio das suas secretarías,Provincial ou General,ou por quen corresponda,aparten dunha vez por todas,ó sr.Carballido do goberno do Concello de Ponteceso,e demostren así que o PSG-PSOE é un partido con uns principios éticos e morales,ejemplares siempre,e non só os días señalados no calendario,poñendo moitas luces de colorinches…
Porque se non é así, non queremos nin imaginarnos o que teria q facer o sr.alcalde,para que se decidan a apartalo. Si despois de haber tido presuntamente un trato nada respetuoso con dous dos seus concelleiros, o cal poñeria moi en entredito os principios Socialistas, sobre todo co a concelleira Raquel Fondo,no despacho da alcaldía,e do cal se lle comunicou o secretario xeral da Agrupación Provincial do PSG-PSOE, xa ó pouco de pasar os feitos.
Despois de oilos,e reconocer a gravedad dos feitos dixo,»bueno , Lois ten cousas boas,pero tamén ten cousas moi malas «,e ahí se quedou o tema.Pero nunha reunión celebrada na sede da Executiva Local de Ponteceso, e estando membros da Agrupación local incluso algúns concelleiros, entre eles Salvador Eiroa,e incluso un membro da Executiva Provincial presentes,o sr.Carballido reconociu que lle había faltado ó respecto a concelleira Raquel Fondo»porque esta algo nervioso».Por eso o concelleiro Salvador Eiroa espuxo ese tema o día 26 no pleno extraordinario,porque tamén foi consciente de que o alcalde ali reconociu os feitos.
Con todo esto,e despois de ver como vimos o día 26 no pleno o sr.alcalde decindolle a oposición «SUPLICOLLES,IMPLOROLLES e incluso POÑOME DE XEONLLOS SE FAI FALTA», esto é a proba de que o sr.alcalde, fixo as cousas moi mal,e entendemos que este señor xa non é digno de gobernar un concello de 5.500 habitantes.