10.1 C
Santa Comba
martes, abril 16, 2024

Chegan os “Rascas de Nadal” a Santa Comba con 8.500 euros en premios

A asociación de empresarios de Santa Comba ultima a posta en marcha dunha nova iniciativa para a dinamización e promoción do comercio xalleiro. A campaña “Rasca de Nadal” arrancará o vindeiro 14 de decembro e estenderase ata o 9 de xaneiro.

Repartiranse 35.000 rascas gratuitamente entre as persoas que merquen nos establecementos participantes. Todas as novidades (bases, locais participantes, premios) poden consultarse na web www.comerciodesantacomba.com.Os premios exporanse no local social da patronal xalleira.

Nos “rascas” haberá máis de 1.250 premios asegurados, valorados en 8.500 euros.O catálogo de premios é moi amplo. Desde 24 Cestas de Nadal ata vales de compra e descontos, premios directos dunha morea de produtos gastronómicos, informáticos ou tecnolóxicos. E tamén reloxos, bolsos, paraugas, mochilas, cafeteiras, xoguetes, e un amplo etc…

A iniciativa conta coa participación dunha ampla relación de comercios e empresas de distintos sectores que doaron distintos produtos. Desde a asociación agradecen o compromiso das empresas asociadas e tamén da comisión de festas de Santa Comba que colaborou ca doazón de produtos que suman unha contía duns 600 euros.

XV Concurso escaparates de Nadal

A asociación de empresarios xunto co concello de Santa Comba organizan o XV Concurso de escaparates de Nadal. O prazo de inscrición iniciase este 7 de decembro tal e como se explica no cartel adxunto.

O xurado estará formado por Cristina Durán Arufe,Licenciada Belas Artes, Caty López Negreira ,arquitecta de interiores, e Javier Campos Vázquez, estudio superior de Interiores. Hai mil euros en premios. As bases está na web do concello.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos