O portavoz de APIN, José Manuel Pose Verdes, confirmou a presentación dunha solicitude de pleno extraordinario, xunto con varios concelleiros “discrepantes”. A pesar do compromiso do alcalde de celebrar un pleno o día 14 de decembro para tratar as dúas mocións que quedaron enriba da mesa, Pose explicou que se pediu este pleno con estes dous asuntos e outros dous máis.
Catro propostas para o pleno
Polo tanto tratarase sobre a eliminación de todos os cargos de dedicacións exclusivas e parciais e destinar eses fondos ao Plan de Emprego Social e a revogación de todas as delegacións outorgadas polo pleno ao alcalde e á xunta de goberno.Ademais propoñen unha baixada dun 0,4% no ibi urbano e rústico e dun 2% da base impoñible do ICIO.
«E necesario que o concello de Ponteceso funcione doutro xeito»
Pose Verdes non oculta a súa “desconfianza” con respecto a García Carballido:”Sabemos como as gasta e igual pasa da historia”. Fala de seis anos cunha forma de traballar personalista:”Intenta que levantemos o pé do acelerador pero non se pode. É necesario que o concello funcione doutro xeito”.
Entende que “case a única forma que vemos é que dimita e xa o pedimos varias veces. Non vemos que sexa a persoa adecuada”.
Entrevista a Pose Verdes desde o minuto 37
Tamén se referiu ó últimos plenos.”Non contestou a ningunha pregunta”. Sobre o tema das facturas, o voceiro de APIN sostén que “os orzamentos fíxoos él e había cartos para todo, pero empezou a empufarse a a culpa témola nós”.
Sobre os supostos comentarios feitos á concelleira Raquel Fondo manifestou:”Esa parte é tremenda. Non pode un alcalde falar desa forma”