12 C
Santa Comba
viernes, marzo 31, 2023

David Barbeira:“É imposible buscar un consenso cos edís do Partido Socialista, aínda con causas xustificadas”

O alcalde de Santa Comba, David Barbeira, quere aclarar que o cambio do último pleno ordinario debeuse a unha causa totalmente xustificada, como foi o acto oficial de inauguración das melloras realizadas no campo de Fontenla.

“Foi un acto moi importante para o noso pobo ao que acudiron destacadas personalidades e autoridades do mundo do deporte e nese momento tocaba estar alí, sen saber a que hora ia arematar dito acto” afirma o mandatario.

Convida ao PSOE a traballar por Santa Comba

A decisión foi comunicada previamente tanto aos edís do PSOE como ós do PP, o día da celebracións das comisións informativas.O único motivo que encontra o alcalde a esta polémica é a actitude pouco constructiva do Partido Socialista:” “É imposible buscar un consenso cos edís do Partido Socialista, aínda con causas xustificadas”.

David Barbeira pídelle aos concelleiros do Grupo Socialista que colaboren na liña de traballo polo ben de Santa Comba e apela a súa responsabilidade “xa que forman parte do goberno e dous deles cobran mensualmente adicacións parciais que foron aprobadas en pleno, precisamente para axudar no desenvolmento do noso municipio e no servizo aos nosos veciños

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos