4.8 C
Santa Comba
martes, abril 9, 2024

Martín Seco:”A Costa da Morte non está ben tratada nos orzamentos da Xunta”

O deputado autonómico do PSdeG pensa que os orzamentos da Xunta “deixan bastante que desexar” e continúan “con doce anos de abandono sistemático” da Costa da Morte que non se beneficia dun orzamento expansivo.

Martín Seco lamenta que nos haxa investimentos en servizos sociais que sirvan, por exemplo, para poñer en funcionamento o Centro de Día de Corcubión ou que non haxa melloras no aspecto exterior no Hospital Virxe da Xunqueira que ademais “está pelexando por un cardiólogo”.

Critica a falta de partidas para melloras as infraestruturas dos centros educativos da bisbarra, para dar solución “ao problema importante” que hai no peirao de Malpica, ou para comunicar o polígono de Vimianzo coa autovía e o de Cee co porto de Brens.

Entrevista a Martín Seco, desde o minuto 82 do audio

Con respecto a Vía de Alta Capacidade da Costa da Morte, Seco García asegura que “vai a un ritmo moi baixo”. Considera necesario artellar unha variante na zona de Ponteceso e Malpica, o desdobramento da vía Buño- Carballo ou bonificacións na peaxe da AG-55 “que segue golpeando aos cidadáns”.

Expresa a súa “desilusión” polas poucas inversións nos concellos en cuestións de competencia autonómica como a Axuda no Fogar ou a aplicación da Lei de Protección Animal que lastra a economía dos concellos.”Esta comarca non está ben tratada” conclúe.

En contraposición fala dusn orzamentos estatais que teñen “un esforzo inversor moi importante” e un marcado carácter social. Non entende a postura do BNG:Non entendemos como o BNG se sitúa na irrelevancia política e abandona ao bloque progresista que apoia ao goberno do estado”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos