26.2 C
Santa Comba
martes, junio 6, 2023

Iago Toba:”Foi un ano complicado.Tiven un poquiño de todo pero a base do lombo apréndese”

O alcalde:”A veciñanza de Muxía non vai quedar sen Nadal”

O alcalde, Iago Toba, falou no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas sobre un ano difícil tanto a nivel político como sanitario: “Foi un ano complicado.Tiven un poquiño de todo pero a base do lombo apréndese”.

Con respecto a crise do coronavirus, salientou o “criterio de responsabilidade” que rexe a actuación municipal, destacando as accións e  axudas promovidas para “paliar a situación” se ben agarda que chegue a vacina para achegar unha solución.

Escoita a entrevista con Iago Toba desde o minuto 27

Con todo isto, Toba aposta por impulsar actividades neste Nadal:”Dar  unha ausencia total de maxia é perxudicial. Vimos arrastrando esta situacion desde fai meses. Hai que dar alicientes a xente. Estas datas son distintas pero é o Nadal, con toda a súa carga simbólica. E a veciñanza de Muxía non vai a quedar sen Nadal”.

O vindeiro luns, efectivos de Protección Civil e da Policía Local acenderán unha árbore de dez metros de altura, con dez aros luminosos que simbolizan os dez meses que levamos coa nova situación.

Na súa intervención, agradeceu públicamente o traballo non renumerado que están realizando os concelleiros Olalla Benlloch e Javier Romar. Lamentou en cambio que haxa unha concelleira que abandonou o goberno que siga tendo unha adicación económica municipal.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,843SeguidoresSeguir
1,130SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos