12 C
Santa Comba
viernes, marzo 31, 2023

Tres mocións do PP aprobadas no pleno de Santa Comba

O pleno celebrado en Santa Comba non tiña asuntos relevantes na orde do día, excepto o acordo para iniciar un expediente de deslinde dun camiño na parroquia de Alón, que xerou certa controversia veciñal.

Ao pleno, como adiantamos desde Adiante Galicia, non asistiron os concelleiros do PSOE que presentaron un recurso contra a convocatoria.

A portavoz do PP, María Pose, criticou a falta de xestión, confirmada nos decretos da alcaldía:”Estase demostrando a pouca actividade que hai no concello. Fai tempo que non vía decretos tan probes coma estes”.

Os populares presentaron tres mocións para promover axudas para empresas e autónomos, contra a nova lei da educación e contra a ocupación ilegal de vivendas. O alcalde David Barbeira abstívose nas dúas primeiras mocións e apoiou a terceira.

FOTO-ARCHIVO- CONCELLEIROS PP

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos