14.5 C
Santa Comba
martes, noviembre 5, 2024

Lois Carballido:”Trátase de que goberne o pleno, non só o alcalde, vía acordos e negociación”

O alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, suliñou que neste momento “a miña gran prioridade é pagar as facturas e vou poñer toda a capacidade de diálogo e negociación para que cobren os empresarios”.

Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas, no que o luns falaron o concelleiro Salva Eiroa e o portavoz do PP, Daniel García Cotelo, o mandatario socialista expresou a súa confianza en que “unha parte do plejo vai a ser sensible a esa mesma prioridade de axudar aos autónomos”.

Carballido tomou nota dalgunhas queixas da oposición e dixo:”Non teño problema en reunirme cos grupos da oposición e tentar chegar a acordos para que cobren os autónomos”.

Entrevista co alcalde de Ponteceso-Desde o minuto 38

Preguntado pola polémica das cámaras afirmou que “as preocupacións da veciñanza vai polos derroteiros do tema social. Temos moito tempo para falar do que queiran pero neste momento temos que ser serios e conectar cos intereses da veciñanza e centrarnos no tema das facturas porque hai empresas que chaman ao concello preguntando cando van cobrar”.

A pesar da súa inferioridade numérica no pleno, García Carballido ten as ganas de traballar “inalteradas” e está “adaptándose a nova situación” da política municipal:”Trátase que goberne que goberne o pleno, non só o alcalde, vía acordos e negociación. O pleno ten moito que dicir”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos