7.4 C
Santa Comba
lunes, marzo 25, 2024

Salva Eiroa:”A xente quere que se aclare o tema das cámaras”

O concelleiro Salvador Eiroa non entende porque o alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido non quixo responder ás preguntas do último pleno sobre a instalación de cámaras na casa do concello.”Non sei porqué non responde. Hai moita xente que me chama preocupada preguntando polas cámaras e para saber porque nos botaron”.

Critica a postura do mandatario:”Se lle preguntamos por leitugas non pode falarnos dos olivos de Andalucía”. Pero engade que insistirán no tema:”Faremos a forza que faga falta para que se esclarezan os feitos. Ten que explicar o das cámaras”.

Entrevista desde o minuto 66

Pensa que a solución e que Carballido “se aparte” xa que “non creo que tres persoas poidan gobernar un concello”. Sobre o voto negativo á modificación de crédito, sostén que o grupo ao que pertence quere que os autónomos de Ponteceso cobren pero advertiu que na proposta do alcalde hai reparos de intervención.

Salva Eiroa coincidiu coas críticas dos ex-concelleiros socialistas difundidas esta fin de semana e volveu a poñer en evidencia a xestión do PSOE:”Se é máis importante unha persoa que un concello, deberá valoralo o partido”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos