Os edís do Partido Socialista decidiron non asistir ao pleno ordinario convocado para este luns, e que debía de celebrarse o pasado venres.Presentaron un recurso administrativo e están á espera da resposta da alcaldía.
Pero de todos os xeitos critican abertamente a decisión de David Barbeira:”O alcalde non pode cambiar os plenos ao seu antoxo. Él decidiu cambiar a data, porque lle da a gana incumprindo a Lei de réximen de bases local” declarou o portavoz socialista José Antonio Ucha Velo.
“A convocatoria é ilegal. O pleno é radicalmente nulo. Non se nós consultou o cambio nin se contou coa nosa opinión. Os plenos non poden cambiarse polo capricho dunha soa persoa” sinala Ucha insistindo que “non existe motivación suficiente” para xustificar a medida dictada polo mandatario