10.3 C
Santa Comba
domingo, marzo 26, 2023

García Cotelo:“Non pode seguir gobernando con dous apoios. O Sr. Lois acabouse políticamente”

O portavoz do Partido Popular de Ponteceso reitera a súa mensaxe de que “o alcalde incumpriu o R.O.M.(regulamento orgánico municipal) con respecto aos debates”, no último pleno celebrado.

“Non se pode pasar por alto as filtracións duns vídeos”

Segundo Daniel García, Carballido fixo “un discurso castrista e populista” sen responder ás preguntas que lle fixeron:”Haberá que falar dos puntos do pleno, non pode falar do que lle da a gana. Non quixo falar dos tres puntos que ían na orde do día”.

Para o PP, o alcalde “non pode pasar por alto as filtracións duns vídeos, é gravísimo. Non podemos facer da política a cutrería, a que a está levando o señor Lois por aferrarse ao sillón”.Con respecto aos últimos plenos, García Cotelo, quixo deixar claro que o mandatario “non lle quixo pagar ós proveedores que él mesmo contratou”.

Entrevista a García Cotelo desde minuto 38

Acusa a Carballido de facer un show mediático

O portavoz popular arremeteu contra o mandatario, cualificándoo de “vendedor de fume” e de afrontar os plenos con “todo orquestado para montar un show mediático retransmitido en directo”.

Ten claro que “non pode seguir gobernando con dous apoios. O Sr. Lois acabouse políticamente. Estamos nun momento de ingobernabilidade. Un descontrol. Un barco á deriva”.Daniel García Cotelo non escurre o bulto:”Haberá que facer unha moción de censura ou seguir gobernando en minoría”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos