5.7 C
Santa Comba
martes, marzo 28, 2023

Rubén Lorenzo:”Os orzamentos máis altos da historia de Galicia destacan polo aumento do gasto social e o esforzo inversor”

O deputado autonómico do Partido Popular, Rubén Lorenzo, salientou que os orzamentos da Xunta “son os máis altos da historia da nosa comunidade” con 11.500 millóns de euros e destacan polo “gasto social e o esforzo inversor”.

Segundo Lorenzo “o obxectivo é reactivar Galicia despois da pandeima con tres prioridades básicas, seguir combatendo a pandemia, reactivar a economía, e atender as necesidades das familias, traballadores e empresas“.

Entrevista a Rubén Lorenzo- desde minuto 62

O parlamentario carballés tamén se referiu a súa zona, se ben lembrou que “hai partidas a nivel global que tamén nos afectan”, como son a baixada dos impostos ou o potente investimento para o Xacobeo 2021.

Seis millóns de euros para a autovía da Costa da Morte

Na Costa da Morte incidiu na “aposta pola comunicación” coa continuación da autovía no treito Baio-Berdoias, dotado para este ano 2021 con seis millóns de euros.

Outras melloras son os investimentos do plan de transporte público, a renovacións das lonxes e as actuación en distintos portos da comarca, o dragado de Laxe, a mellora na estrada AC-552 ou os saneamentos de Cee e Corcubión.

Informou que tamén hai unha partida de 250.000 euros para a estrada Santa Comba-Portomouro e distintas medidas de transformación dentro dos plans da consellería do Medio Rural.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos