12.1 C
Santa Comba
jueves, marzo 30, 2023

Coristanco leva a pleno o PACES

O Concello de Coristanco leva ao pleno deste xoves a APROBACIÓN DO PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA (PACES) DO CONCELLO DE CORISTANCO

O Concello de Coristanco sumouse en xuño do ano 2019 a iniciativa europea do Pacto de Alcaldes para o Clima e a Enerxía, polo que asumimos o compromiso de reducir as emisións de CO2 en polo menos un 40 % para 2030 e a aumentar a resiliencia aos impactos do cambio climático.

«Para facer realidade o compromiso precisase a redacción dunha estratexia, o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía do Concello de Coristanco, para o que solicitouse a axuda a que se refire a memoria realizada» apuntan desde o concello.

Fontes municipais confirman que recibiron o apoio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e do FEDER que financian o 100% do custe da asistencia técnica para a elaboración dun Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES).Este plan permitirá non emitir 14.387,636 toneladas de CO2 o ano, o que equivale ao 40,6% de redución ao respecto do ano de referencia, o 2010.

A estratexia inclúe 28 medidas de actuación en distintos sectores diferenciando a inversión privada e a pública, nas que destacan o sector de equipamentos municipais e o de transportes.

O concello márcase o obxectivo captar fondos europeos para financiar medidas como a substitución de luces LED ou uso da biomasa en instalacións públicas pero tamén incentivar que a veciñanza perciba axudas para as obras privadas como as da envolvente térmica dos edificios (ventás e fachadas).

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos