Foto arquivo-// Gonzalo Caballero visita este xoves Cee
O presidente do Comité de empresa de XEAL(antiga Ferroatlántica), Alfonso Mouzo, insistiu na necesidade de que a Xunta esixa a empresa que presente un plan de viabilidade.
Valorou dun xeito “moi positivo” a resolución do TSXG a favor da denegación da segregación de actividades por parte da Xunta de Galicia, pero insiste que “o que veñen a buscar é o negocio hidráulico” e denunciando polo tanto, un intento de “segregación encuberta”.
Mouzo confirma que seguirán coas concentracións semanais(todos os venres ás 7 diante do concello de Cee) ata que estean os fornos operativos.
Sobre os investimentos anunciados pola dirección manifesta que “estánlle lavando a cara ás fábricas pero no proceso real da capacidade produtiva non hai investimentos”.
Entrevista a Alfonso Mouzo, desde o minuto 36
Iniciativas do PSdeG
Pola súa banda o deputado do PSdeG, Martín Seco, reclamou ao goberno galego medidas ao respecto:“A nosa administración debe garantir o mantemento das dúas actividades e do emprego, esixindo ese plan de viabilidade que conteña garantías da actividade industrial e dos actuais postos de traballo”.
Ademais,demandoulle á Xunta que manteña un encontro cos alcaldes da comarca “que lle piden con preocupación ao Goberno galego que os informe da situación na que se atopa a factoría».
Os socialistas presentaron varias preguntas en comisión parlamentaria nas que se interesaron polo citado plan de viabilidade. Tamén preguntaron por que non recibe nada o Concello de Dumbría da Xunta de Galicia polo Canon de explotación do río Xallas?.
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visita este xoves onde concello de Cee onde estará acompañado pola alcaldesa Margarita Lamela e posteriormente manterá un encontro co comité de empresa de XEAL.