15.5 C
Santa Comba
miércoles, noviembre 6, 2024

Ecoloxistas en Acción alerta dun risco grave polas zonas mineiras sen restaurar de Santa Comba

A asociación Ecoloxistas en Acción demanda ao Xefe Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña, Isidoro Martínez Arca, que “adopte medidas para remediar  o risco grave pola situación de labores mineiras sen restaurar no Grupo Mineiro Santa Comba”.

Nun comunicado de prensa advirten que “ a deixación de funcións pode ter graves consecuencias en termos de perda de vidas humanas, outros danos e perxuizos económicos derivados “.

Tamén solicitan que se incoe un expediente sancionador “contra a empresa concesionaria, GALICIA TIN & TUNGSTEN SL, por ter xerado unha situación de risco para a vida das persoas e a fauna, ao non cumprir as súas obrigas de manter en seguranza as labores mineiras dentro das concesións”.

Indicios de ilícitos penais

Instan a que se proceda “de inmediato” a revisión de oficio “do Proxecto de restauración do Grupo Mineiro Santa Comba, á vista de que na súa tramitación existen indicios de ilícitos penais, ao térense excluído do mesmo o conxunto de labores mineiras, depósitos de residuos mineiros e outros pasivos ambientais”.

Critican que estas concesións foron “mantidas artificialmente” pola Xunta. Lembran que en reiteradas ocasións animais salvaxes e domésticos “caeron nestes pozos” e sinalana que “é unha mera cuestión de tempo que o estado de alto risco destas labores poidan chegar a producir víctimas humanas”

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos