O portavoz de Independentes por Cee asegura que o ambiente político no concello “non é bo” pero non por culpa da oposición e sí “pola actitude da alcaldesa”, Margarita Lamela Louzán.
“Ten unha actitude insultante e iso non favorece a que as cousas transcurran con normalidade” sinalou Vigo que non ostante lembrou que o PSOE non está tendo atrancos para gobernar, por que poido aprobar dous orzamentos do apoio do PP e “a meirande parte dos asuntos apróbanse por unanimidade ou coa abstención da oposición, polo tanto non o ten complexo para gobernar”.
Ramón Vigo considera que “a política de feitos consumados” e a falta de respecto coa oposición, provocan as críticas dos catro grupos da oposición:”Hai consenso en criticar as actitudes despóticas da alcaldesa”. Recoñece que existe ese “malestar “ coa alcaldesa.
Entrevista a Ramón Vigo a partir do minuto 29 do audio
Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada”, no que falou a semana pasada Margarita Lamela, Vigo Sambade falou tamén do aval bancario relacionado co convenio coa Igrexa que se tratou no último pleno, no que se aprobou unha modificación de crédito.
“Algo raro tivo que pasar. A igrexa non é un negociador fácil pero é estraño que despois de vinte anos non quixera continuar co convenio. Non nos creemos moi ben a exposición de motivos e expresamos as nosas dúbidas coa abstención”