8.6 C
Santa Comba
domingo, marzo 31, 2024

Rescatan o corpo dunha muller falecida dentro dun pozo en Muxía

Unha muller foi rescatada a pasada noite, sen vida,  do interior dun pozo no lugar de Añobres, na parroquia de Moraime en Muxía.Despois de ser alertados por parte do CIAE 112 Galicia e co requerimento da autoridade xudicial, os bombeiros da Costa da Morte procederon a extracción do corpo, coa colaboración de efectivos ve Protección Civil de Muxía.

Segundo Protección Civil «a intervención foi laboriosa e complexa dadas as dificultades de acceso e espazo». Segundo o 112 foi un particular quen deu a voz de alarma informando que «unha muller atopábase nun pozo a uns sete metros de profundidade, posiblemente, falecida».

Tamén participaron no operativo axentes da Policía xudicial, Garda Civil e da Policía Local así como efectivos do 061.O suceso tivo luigar sobre as 21:30 deste sábado.

Foto- AVPC Muxía

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos