7.5 C
Santa Comba
lunes, marzo 25, 2024

Demandan poder reunirse co xefe territorial de Educación

A ANPA do colexio Bormoio da Agualada, en Coristanco, expresou o interese por poder reunirse co xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana para poder trasladarlle distintas inquedanzas. Unha petición que veñen formulando desde o pasado mes de setembro.

Entre elas piden a adaptación o posto dun mestre cunha discapacidade auditiva e “a necesidade de tapabocas transparente para os alumnos da clase da que é titor”.

Tamén queren a intercesión  coa Consellería de Infraestruturas “pois despois de catro meses segue sen responder os escritos presentados para informarnos de por que  é incompatible a xornada única co transporte, que nos explique a negativa a solicitude de cambios de horario solicitado o curso pasado, a negativa non a entendemos, pois nos meses de xuño e de setembro o transporte fai as mesmas rutas”.

Outras demandas que queren expor son a necesidade de mamparas e a aclaración de “dúbidas e discrepancias”.

Foto- Web Por el clima

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos