Afondando nas reflexións escritas nunha carta, a portavoz do Partido Popular de Carballo, Paula Nogueira, recalcou que desde un principio “permanecemos ao lado do goberno e tendemos a man para que contaran connosco no que precisaran co obxectivo de sumar”.
Pero o goberno do BNG non “utilizou” esa boa disposición do PP.”Hai unha comisión de Covid e só participan eles”. Para Nogueira é unha dinámica do executivo nacionalista:”En todo aquelo que xera un problema ou unya opinión negativa miramos para outro lado. Son especialistas en mirar para outro lado”.
Entrevista «Na Encrucillada» de Radio Xallas a Paula Nogueira- desde minuto 55
“Non hai un plan para recompoñer isto”
Para a portavoz do PP, o equipo de Evencio Ferrero oculta a súa inacción con “grandes campañas de marketing”. Sobre as medidas na crise sanitaria opina que “chegamos tarde e con nada”, cunhas tarxetas de 30 euros , que apoian, pero que se vende como “unha medida estrela como se fose a panacea”.
Paula Nogueira lamenta:”Sacamos fotos e andamos de turné pero non hai un plan para recompoñer isto”.