13.3 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Margarita Lamela:”As protestas están ben pero non son suficientes para solucionar os problemas”

“As demandas sociais e as protestas son moi importantes para poñer en primeira liña os problemas, pero hai outro traballo de xestión e de buscar solucións xurídico-legais.As protestas non son suficientes para solucionar os problemas”, declarou a alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, no programa radiofónico “Na Encrucillada” de Radio Xallas, en referencia a boa nova da licitación da estrada de Touriñán e da prórroga da concesión da piscifactoría de Lires.

Escoita aquí a entrevista a partir do minuto 29

Oposición de confrontación, insulto e descalificación persoal

Lamela non quixo entrar a valorar as críticas da oposición. Pensa que “eles defínense a si mesmos” e “teñen como bandeira a confrontación, o insulto e a descalificación persoal” mentras desde a alcaldía “teño que arranxar desfeitas dos anteriores rexedores”.

Nesta entrevista, a mandataria  falou de xestións feitas e enumerou a solución definitiva ao repetidor de Lires, o traslado do INEM para a antiga escola de música que “estaba totalmente paralizado” e agora “xa está asinada a cesión”, a licitación dunha nova depuradora, a estrada de Touriñán, a mellora do Centro de Saúde “porque chovía dentro e só funcionaban dous radiadores” ou o traslado do PAC. Engadiu neste relatorio os dous millóns de axudas do IDAE para a rehabilitación do edificio municipal e de luminarias en todo o concello, ou o arranxo de deficiencias no pavillón polideportivo.

Poñer en valor o parque empresarial

E tamén falou de previsións, como a redacción de varios proxectos, a reactivación da traída de auga a Pereiriña e do saneamento de Porcar, e en darlle unha solución a dous proxectos do anterior goberno que presentan algúns problemas. A Casa da Cultura de Brens e o Campo da Festa da Ameixenda. É outra prioridade “poñer en valor o parque empresarial”. Lembrou que cando entrou no goberno no polígono “había maleza”.

A Margarita Lamela gustaríalle habilitar unha senda peonil que unira Gures con Caneliñas,conservando o entorno e creando un museo de interpretación na zona da antiga baleeira, pero lembrou que “a titularidade é privada”. Avogou pola necesidade de estudiar  os distintos temas e buscar solucións técnico-xurídicas, como no caso do aval da igrexa, que reclama unha entidade bancaria, e no que este venres está previsto aprobar unha modificación de crédito, coa idea de continuar traballando para conseguir a devolución desas cantidades.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos