6.3 C
Santa Comba
sábado, diciembre 3, 2022

Andrés Eirís:»O goberno de Carballo leva desde marzo en modo vacacións»

«O único grupo que fai oposición en Carballo é Terra Galega» apunta Eirís.

O portavoz de Terra Galega, Andrés Eirís, asegura que o seu grupo representa a alternativa ao goberno do BNG:“PP e PSOE case actúan como palmeiros do goberno. O único grupo que fai unha verdadeira oposición en Carballo é Terra Galega”.

Amosouse moi crítico cun goberno «de fachada» que converteu a páxina web municipal «nun pasquín do grupo de goberno» e aproveita o apoio de «certos medios moi afíns». Lanzou varias críticas á xestión do executivo de Evencio Ferrero.

Entrevista a Andrés Eirís en Radio Xallas (Desde o minuto 59)

Sobre a Policía Local 

E falou da Policía Local:»E increíble que un xefe accidental leve sete anos», con horas extras de persoal «que non se están pagando». Citou un suposto caso de «abuso de autoridade» relacionado cun traballador de banca  e referiuse a recente polémica do vídeo e a unhas informacións publicadas polo diario ABC, indicando que se lle abreu un expediente a dous policías que no seu día detectaron que nun local (o mesmo do vídeo)»se  estaba incumprindo o protocolo Covid-19″. VER VÍDEO #ADIANTETV

Incumprimento da Lei de Contratos

Tamén se referiu a falta de iniciativa para ampliar a rúa Vila de Negreira mentres «facemos carrís bici que non se utilizan». Ou que a Escola de Hostelería «que nos custa 100.000 euros aos veciños», se encontre «desde marzo sen funcionar, pero sigamos pagando, e incumprindo a Lei de Contratos. É de xuzgado».

Eirís criticou a labor do goberno nestes meses de pandemia:»Levan desde marzo en modo vacacións». Pensa que se debería de facer máis que «uns bonos para o comercio». Botou en falta a existencia dunha ordenanza para dar «amparo legal» a publicidade ou a venda de entradas nos recintos deportivos, e a falta «dun gran espazo deportivo» porque Carballo «ten instalacións demasiado vellas». Desde Tega sosteñen que «o nivel de xestión deste goberno é nefasto e a nivel de persoal igual»

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,790SeguidoresSeguir
507SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos