O alcalde de Muxía, Iago Toba, respondeu a unhas «acusacións de gravedade extrema» acusando a Sandra Vilela de «ineptitude» e de difundir «noticias falsas» así como de estar «frustrada» e «desesperada» por non conseguir acceder á alcaldía. Ademais de estar provocando «nerviosismo nos traballadores» e de «manchar o nome de cinco funcionarios«.
Iago Toba deixou claro que «o alcalde non ten nada que ver co tribunal que está formado por cinco persoas», cuio traballo pón en cuestión a portavoz do PP.
Sobre a problemática afirmou que era «un erro de transcripción» e reprochou a Vilela que non contactara cos responsables do proceso:»Non se molestou en chamar ao tribunal».
Sobre os feitos denunciados en sí, dixo que todo «ten unha explicación» e que estaba agardando a que a concelleira popular pedira as aclaracións oportunas ao tribunal:»Espero que ela teña que rectificar. Está acusando sen probas. Quere desprestixiar ao alcalde».
Incluso atreveuse a asegurar que Vilela está sendo cuestionada dentro do seu propio partido:»Ten un pé dentro e outro fora da representación do Partido Popular». Manifestou tamén que o único que logra con «remexer na mentira» é «reforzar ao alcalde».