13.5 C
Santa Comba
jueves, marzo 30, 2023

A Laracha erradica plumachos

O Concello está a actuar na erradicación dos plumachos –tamén coñecidos como herba da Pampa, sendo o seu nome científico cortaderia selloana-. 

Esta especie botánica invasora procedente de Sudamérica e que se estende con facilidade nas zonas próximas á costa galega non ten unha presenza elevada no termo municipal da Laracha, pero as brigadas medioambietais municipais xa están traballando na eliminación das matas desta planta detectadas en espazos de dominio público co obxectivo de eliminar a súa expansión.

Nos últimos días os traballos centráronse na parroquia de Caión, especialmente na zona do miradoiro do Campo da Costa.

A colaboración cidadá é esencial nesta iniciativa. Se calquera particular detecta plumachos en algún punto de dominio público do termo municipal, pode comunicalo ao Concello para proceder á súa retirada. Os mesmos traballos serán realizados de xeito gratuíto nos terreos particulares daqueles propietarios que así o soliciten.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos